PROY. EXPOSITIVO MAN GAC3-103

2015 Proyecto “Posta en Valor do Porto Pesqueiro de Camelle, Man, Mar, Arte e natureza”. Fondo europeo de pesca FEP. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Concello de Camariñas. Código: GAC3-103.

El proyecto expositivo se materializa a partir de la extrusión en planta de una obra de Man (series de cÍrculos encuadrados en un contorno definido). Su escala permite controlar la iluminación, organizar las series de obras y establecer un recorrido a través del cual los visitantes se sumergen literalmente en la obra de Man.

DESEÑO XERAL DA ZONA EXPOSITIVA.
Partindo da idea de equilibrio entre contidos e funcionalidade, artellarase a distribución espacial do discurso, plasmando a inserción de obxectos no espazo e as conexións establecidas entre eles, os medios e equipos técnicos utilizados e o carácter da sala de exposición. Para o desenvolvemento da zonificación tomouse como referencia a obra representativa de Man composta por series de círculos encadrados nunha contorna definida. Realízase a composición do espazo trasladando este deseño á pranta do espazo expositivo, permitindo crear espazos comunicados pero contidos donde se expoñan as pezas agrupadas por tipos. Cada unha das circunferencias-expositor responde a un tipo de obra, apoiada a explicación por pantallas nos paneis dos lindes exteriores de cada un deles. O final do percorrido entre expositores lévanos á zona de comunicación vertical do edificio: escaleira e ascensor. Unha vez na planta superior, prosegue a exposición por medio das pantallas nas que se proxectan os audiovisuais realizados e realidade aumentada. Dende esa posición elevada, grazas ás dobles e triples alturas poderase interpretar finalmente o deseño do espazo expositivo inferior como unha transformación 3D do deseño de Man. Ademais observarase a presenza doutros visitantes que interactúan coa obra, formando parte da mesma coa súa presenza.

pag web MAN: Mar, Arte e Natureza